Posted by admin | Categoría Blog 2

Herdeiras é un libro-CD (poemas musicados e artigos)  e unha curtametraxe.

UN TRABALLO CORAL: 27 PERSOAS XUNGUIDAS EN HERDEIRAS

En Herdeiras, pódese escoitar a música de Carmen Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, ademais de letras da mesma Carmen. Conta cunha fermosa gráfica (Númax) e fotografía de Xoán Piñón, artigos breves sobre as protagonistas: as mulleres que sobreviviron e resistiron. E ademais conta co luxo dunha curtametraxe que Margarita Ledo realizou expresamente para Herdeiras: “Bucle”.

No libro colaboran con breves artigos: Aurora Marco, Montse Fajardo, Luis Bará,todos eles investigadores; Pepe Cáccamo, poeta e herdeiro; Valentín García Bóveda,herdeiro e secretario da Fundación de Bóveda, Carmen G. Rodeja (ARMH), María Torres, Xosé Álvarez, investigadores todos; Ana Paula Mejuto, herdeira, con Olivia Rodríguez, investigadora; Xosé Manuel Cid, profesor universitario, Xesús Alonso Montero, profesor Presidente da RAG ata o 2016; René Pacheco, arqueólogo da ARMH e Amalia Bóveda, filla do insigne Alexandre, escribiu o prólogo.

O disco foi gravado en Casa de Tolos (Gondomar). A distribución e a edición é de Inquedanzas sonoras. Tamén se pode adquirir nos concertos.

 

ENTREVISTA TVG A REVISTA http://www.crtvg.es/informativos/carmen-penin-cantante-lirica-e-poeta-3598352

ENTREVISTA TVG ZIGZAG DIARIO CULTURAL http://www.crtvg.es/informativos/carmen-penim-presenta-herdeiras-3588686

VÍDEO-REPORTAXE ESTREA: http://grupoescomunicaciongalicia.com/?p=65808–

REPORTAXE NÓS TV ​http://nostelevision.gal/carme-penim-presenta-herdeiras-lembranza-das-mulleres-esquecidas/

​AUDIO ENTREVISTA RADIO GALEGA http://www.crtvg.es/podcast_rg/0087/0087_20170922170000.mp3

-​Club Faro de Vigo, Foro de debate y cultura: ​

http://www.farodevigo.es/multimedia/videos/sociedad/2018-02-28-138660-penim-emociona-club-faro.html

​-Faro de Vigo, artículo: ​ http://www.farodevigo.es/sociedad/2018/03/01/penim-as-mestras-galegas-da/1846522

You can leave a response, or trackback from own site.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *