XÉNERO MUSICAL E CARACTERÍSTICAS ARTÍSTICAS

 

Carmen Penim presenta con HERDEIRAS un traballo único, que une música, poesía e danza e audiovisual en torno ó tema da memoria das mulleres. Unha valente aposta pola identidade feminina e o rescate de valores como a solidariedade, a conciencia feminista, histórica e social dende un enfoque reivindicativo e á vez conciliador, integrador e esperanzado. 

Pese á temática, lonxe de ser un concerto triste, é dunha grande intensidade, vitalidade e emoción artística. Un verdadeiro camiño dende a escuridade ata a luz. No espectáculo proxectaráse a curtametraxe Bucle que para Herdeiras fixo a gran cineasta e académica Margarita Ledo.

Os textos que se cantan son de mulleres poetas actuais e a música é orixinal de Carmen Penim. Nela déixase sentir claramente o jazz, contexto no que ela medrou como cantante, con influencias de músicas do mundo e folk e da música culta galega. A música conta tamén con elementos teatrais na interpretación que fan do espectáculo unha experiencia única, inesquecible para o público. E coa danza o concerto gaña en intensidade e en valor artístico.  

Ourense. 13-07-17. Local. Entrevista a Carmen Pením.
Foto: Xesús Fariñas

                                                                    

Poucas oportunidades hai en Galicia de atoparse cun espectáculo destas características, tan completo, tan internacional e ó mesmo tempo tan noso.

 

ESPAZO: O espectáculo gaña en calidade artística se o auditorio conta con iluminación e técnico de son e luces. Se hai a posibilidade de proxectar imaxes, contará ademáis coa curtametraxe mencionada. Aínda así, pódese representar tamén sen estes elementos unha versión escénica simplificada.

FORMACIÓN: recomendamos como mínimo o trío , pero pode ser tamén ata quinteto, engadindo os elementos de percusión, violoncello e violín (con nickelharpa). E ademáis, a danza.