Herdeiras é un proxecto que, coa inestimable e imprescindible axuda das persoas que nel colaboran,  quere contribuír á difusión do papel das mulleres na época da guerra civil e a posguerra, resaltando o seu valor e resistencia, o seu compromiso e solidariedade. Quere tamén destacar cómo as mulleres actuais estamos en débeda con elas, que loitaron por un mundo no que ser muller fose máis doado; coñecelas axuda a construír a nosa identidade actual, dende o orgullo e o sentimento de pertenza. Quere facer tamén un chamamento á unidade e á empatía entre todas as mulleres, independentemente do seu lugar de procedencia. E por último, pretende chamar a atención de toda persoa demócrata sobre a Memoria Histórica como vehículo de reconciliación e xusticia. A estrea do espectáculo e o libro CD foi o 23 de setembro de 2017 no Teatro Principal de Santiago, co apoio da Xunta de Galicia e o concello de Santiago, onde se realizou a rolda de prensa coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Ademáis da Xunta,  Herdeiras conta co apoio da Deputación de Lugo e os concellos de Rianxo, Cangas do Morrazo e Moaña. Na fase de produción foi esencial un crowdfunding no que participaron máis de 200 persoas.

 

Both comments and pings are currently closed.